chegar a casa confuso e
con fame
e que te pare media hora o
vecinho no descansillo
pq resulta q tenho un aura
estupenda
INCRIBLEMENTE BOA
branca e luminosa
ornada de celeste
e se entendín ben
cunha orla dourada no
exterior
aínda q isto non o
comprendín ben de todo
pq nunca vin - senhorxs
meus - unha aura
e non sei como están
organizadas...
se cadra como o ceo de
Dante?
ou como un cadro de
Monet?...
eu sempre me imaxinei máis
estilo Munch e agobiado
pero en fin
q o q tenho debe ser como
El Corte Inglés en Navidà
(ou digamos Kringlan)
e este vecinho
q nunca me falou en máis
de dous anos
non sabe o meu nome
pero intúe cousas de min
pq técnicamente
é capaz de enviar
mensaxes telepáticos a Australia
así q está convencido de
q son un BARDO
(e q como venho de la
Galice
sonche igualinho ca
Troubadorix o dos cómix de Asterix...
infinitamente irónico
hahahah)
e q son moi bo rapaz moi
bo rapaz moi bo rapaz
e dame un aperta intensa
(incómodamente) longa
e cunha forza inesperada
para un senhorinho
frouxinho e fiuncho...
en fin
q son moi bo rapaz e q xa
era hora
de me dar unha aperta
despois de máis de dous
anos de vecindade...
ainss
que se fumaría?
e por que este tipo de
comentarios
xa vai unha década q non
me sorprenden?
mais o certo é q me puxo
de moi bo humor :D
TEREI Q LEVARME A ESTE
SENHOR
Á OFICINA DE
INMIGRACIÓN!!!
e q lles explique q tenho
boas intencións
e q non ando a facer
bombas
nin a traficar...
normalmente
os islandeses fanlle máis
caso a un medium
ca a calquera outro mortal
... se cadra máis ca a calquera documentación