Moito tempo sen bloguear
e agora q o fago
fágoo dende a raiba q acabo de vivir vai menos dunha hora
a raiba de xente q aparece de repente
e q pergunta por un amigo con problemas
xente q ten a razón indiscutiblemente do seu lado
e de nada serven as perguntas d "quen son vostedes"
"que pasou" "que van facer"... son familia
e tenhen todo o dereito do mundo
máis aínda
tenhen a Deus da súa parte
non quero descontextuar
e sei q poden ter medo igual ca min (definitivamente máis ca min)
sei q as súas intencións son bastante boas
(impulsadas inconscientemente por se saberen destructores dunha vida humana
q lles naceu da carne
pero q non lles pertencía)
mais esa falsidade
ese finximento d q todo é tan bonito e tan agradable
nunha situación kafkiana q para nada ten q ver co confortable...
q “que bo rapaz q son” q “que ben q me preocupo”
e “que ben q lles estou a axudar”...
raios!
que carallo me tenhen q dicir
e que catano estou a axudar
co complicado q resulta manter unha comunicación sa
con alguén gobernado pola depresión e por unha familia sectaria
que carallo estou a axudar eu
e menos aínda agora
cun delirio
e cunha abducción
HORROR
había tempo q non me facían sentir tan mal como ser humano
en tan breve tempo
e nada podo facer
pq non é o meu territorio, non é sequera o meu asunto...
e ponherse como unha leoa non levaría máis ca a que chamen a policía
porque claro
tenhen o dereito na súa man
e mesmo tenhen a razón... que podo facer, carallo!
que podo facer!
xa verei que podo facer
coa ética e co sentido común
algo poderei facer
mais se non escribo isto rebento
que horror!
e na nosa sociedade
isto podería pasarlle a calquera
miðvikudagur, janúar 25, 2012
Raiba & Sectas
Gerast áskrifandi að:
Færslur (Atom)