sunnudagur, febrúar 28, 2010

φ Dentes de Ouro φ

Na seguinte foto-gracia poderán contemplar ó Número Áureo achegándose a Senectude pra pedirlle tabaco


Debido á sombra da foto non poderán apreciar á xente coa boca aberta
pra poderen presumir tamén de dentes amarelos

föstudagur, febrúar 26, 2010

Clima e climax

Agardo

A neve xa está (a)profundando as rúas
E o aire ten textura

os órganos de pracer
da cidade
están todos nevados

finalmente chega o nadal
menopáusico
mais se cadra máis relaxado ca nunca

















Os macro-jeeps de luxo
economía e carácter
(débedas e agresións) nacionais
ralentízanse
semellan ata ter sentimentos


podo cruzar



(meudeus
o feito d q por unha vez me respeten como peón
ponme nhonho de verdade)

fimmtudagur, febrúar 25, 2010

Imaxina o Clima

 
Achéganse as eleccións




sen termos aínda ningunha sentencia clara







e fai un tempo moi felino

mánudagur, febrúar 22, 2010

Qüestión

O galego... 

          a)   ilumina polas noites
          b)  é un dialecto neolatino
          c)  unhas veces pica e outras non
          d)  é a lingua nai do portugués
          e)  non existe

... ???

sunnudagur, febrúar 21, 2010

Verecunda

Non está nada ben
menospreza-lo estilo poético dun asasino paranoico
inda q sexa con autoironía

son unha filloa mala                    : (

laugardagur, febrúar 20, 2010

Asasinos e Assassinas



Collín un libro gratuito
se cadra polo mero feito de q os libros son caros
e este era un poemario...
e se cadra bo... weno
bo non, polo pouco q mirei non parecía nada doutro mundo
mais era un poemario en prosa
e se cadra prometía...



minutos máis tarde
descubrín q o autor era un dos asasinos máis famosos do país
e q xa mo tenho cruzado un montón de veces ó lado da licorería

é difícil q pase desapercibido
porque leva na cara ben claros tódolos paus q recibiu na vida

un día seica se lle deu por matar
e por iso o conhece todo o mundo
mais así e todo
como poeta ten un gusto igual có de calquera outro

Ser asasino non fai a ninguén máis interesante

þriðjudagur, febrúar 16, 2010

Epítetos Gregos e Dislalias post Shakespeare

Despois de case 3 horas de Hamlet

Ophelia
esa pobrinha rapariga linda q ben se merece un epíteto grego
transfómase en nena tetracéphala
besta muxidora
e ouveadora
que índa por riba non sabe usa-los tempos do pasado na súa lingua nativa
Ophelia: SUICÍDATE MONA!!!


Vai un anaco estaba discutindo cos espectadores
o que as personaxes poden to be e poden not to be
mais a relacións que se crean entre autor e actores
son fantasmagóricas

poden crear monstros

ou o meu pesadelo de hoxe a manhá

ou o phenómeno atélico policephálico de dislalia que me rodea agora mesmo :s

laugardagur, febrúar 13, 2010

Gloooooria












Onde están as soprano 
cando un as necesita

In Vino Veritas

Cuánta falacia en este teleclú de philosophic playgrounds
mimadrinha!
Si vas a la era verdadera
                                        chim
                                        pon
                                        fuera!

fimmtudagur, febrúar 11, 2010

De Besugos y Ollomoles

Pesquei un diccionario indesexable
Mais un nunca sabe o que pode atopar cando abre un diccionario
sinónimos, hipónimos... e darwinismos lexicográficos



Tenho un libro podre
groso, roto e vello
e cheira a maruxía

mánudagur, febrúar 08, 2010

Hablar Galego Provoca CANCER

Las autoridades sanitarias advierten que

más de 500 galegofalantes mueren cada anho en Galicia 
por cáncer de próstata
mientras que castellanofalantes mueren muy poquitos
Es recomendable entonces que usted se lo piense
antes de hablar
porque se puede morir


Por otra parte
si conoce a alguien a quien quiera mucho
aunque hable gallego
haga el favor de meterle el dedo en el culo todos los días
al menos hasta que hable castellano
puede estar salvando una vida
y el orgullo de todo un país


o triste é q os dátos numéricos son certos, redondeados pero certos   :´(

sunnudagur, febrúar 07, 2010

Dream Sounds

Vai como 2... capaz q 3 anos
aparecerónseme 2 tendencias estranas
a africada

[]
e o diptongo
[ui]

mais deberon ser cousa do espírito santo
pq non existen en ningunha lingua real
das q conhezo

laugardagur, febrúar 06, 2010

Grave

Eu quería
o que quería
e púxenme a la fila

 
El siguiente por favor...
a ver
no me llore
usted es gordo, feo y tiene pelos en la lengua
hoy no va a poder hacer la comunión

Exit

La emigración mola
cómo cómo mola!
ya lo dicen las molineras  
ya lo cantan hasta las ghotas
mola! mola! mola!
mazo más que la pessicola!

...

resultame irónico quedar pra ir de selebreixon 
e non rematar arrodiado de energúmenos rePPlicantes

denuo

Las malas influencias vólvenme meter no mundo do blogueo...
pois weno
aquí estamos
e seguimos nas mesmas
creando un espacio no q apuntar dislalias e sinapses cotiás

ainda q me carguei sen querer con todo o q había antes nesta páxina :s