föstudagur, febrúar 26, 2010

Clima e climax

Agardo

A neve xa está (a)profundando as rúas
E o aire ten textura

os órganos de pracer
da cidade
están todos nevados

finalmente chega o nadal
menopáusico
mais se cadra máis relaxado ca nunca

















Os macro-jeeps de luxo
economía e carácter
(débedas e agresións) nacionais
ralentízanse
semellan ata ter sentimentos


podo cruzar



(meudeus
o feito d q por unha vez me respeten como peón
ponme nhonho de verdade)

0 ummæli: