fimmtudagur, mars 04, 2010

Marcas de Obxectos e Marcas Fragosas

Ando de conferencia por Dinamarca
Onde o ceo se reflexa na terra
E a vida é unha chaira
Que vai dende a transitividade á intransitividade
Sen preocuparse pola xeografía
Só destacan algunhas preposicións
Verdes
E de folla perenne
Aínda q eu ando embelesado
Coas preposicións caducifolias
Non me importa q estén espidas

Quero loitar con elas
Ata volverme intransitivo

0 ummæli: