miðvikudagur, ágúst 01, 2012

A aura dun ilegal

chegar a casa confuso e con fame

e que te pare media hora o vecinho no descansillo
pq resulta q tenho un aura estupenda
INCRIBLEMENTE BOA
branca e luminosa
ornada de celeste
e se entendín ben
cunha orla dourada no exterior
aínda q isto non o comprendín ben de todo
pq nunca vin - senhorxs meus - unha aura
e non sei como están organizadas...
se cadra como o ceo de Dante?
ou como un cadro de Monet?...
eu sempre me imaxinei máis estilo Munch e agobiado
pero en fin
q o q tenho debe ser como El Corte Inglés en Navidà
(ou digamos Kringlan)
e este vecinho
q nunca me falou en máis de dous anos
non sabe o meu nome
pero intúe cousas de min
pq técnicamente
é capaz de enviar mensaxes telepáticos a Australia
así q está convencido de q son un BARDO
(e q como venho de la Galice
sonche igualinho ca Troubadorix o dos cómix de Asterix...
infinitamente irónico hahahah)
e q son moi bo rapaz moi bo rapaz moi bo rapaz
e dame un aperta intensa
(incómodamente) longa
e cunha forza inesperada
para un senhorinho frouxinho e fiuncho...
en fin
q son moi bo rapaz e q xa era hora
de me dar unha aperta
despois de máis de dous anos de vecindade...

ainss
que se fumaría?
e por que este tipo de comentarios
xa vai unha década q non me sorprenden?

mais o certo é q me puxo de moi bo humor :D

TEREI Q LEVARME A ESTE SENHOR
Á OFICINA DE INMIGRACIÓN!!!
e q lles explique q tenho boas intencións
e q non ando a facer bombas
nin a traficar...

normalmente
os islandeses fanlle máis caso a un medium
ca a calquera outro mortal
... se cadra máis ca a calquera documentación

1 ummæli:

Unknown sagði...

Me sorprende que tu aura tuviera tal "belleza" que obligase a tu vecino a romper dos años de silencio, por lo que se ve el hambre no se puede leer en el aura

Estoy enamorada de islandia, un amor que dura 5 años y que resiste la lejanía, ahora tope por casualidad con el nombre de Elías Knörr, que me llevó hasta aquí. He oído críticas de los islandeses de su poesía y han hecho surgir en mi un hambre por leer a Elías Knörr, pero sin tener nociones suficientes del islandés como lengua, no sé si mi acceso se limita a Elías Portela o Filloa Assassina.
Por ahora a buscar "Cos peitos desenchufados" y esperar a tus recomendaciones.

Amanecer