fimmtudagur, ágúst 30, 2012

A little rush

longa longa longa manhá
de sinusite e correccións...

menos mal q a iso do mediodía
ó café descafeinado
botáronlle un chisquinho de café instantáneo con cafeína
e un pequeno terremoto


unha culleradinha
e un 4.6 Richter
mais xa estou máis esperto ^_^

mánudagur, ágúst 20, 2012

on Andromeda's preferences

salmon
or roses?

scent
or savor?

would you eat these roses ?

laugardagur, ágúst 11, 2012

FREE PUSSY RIOT

en pleno GayPride 
el alcalde de Reykjavík
no es ni hombre ni mujer,
tan solo una voz política


FREE PUSSY RIOT!!!

Familj'en Tradu(c)ción

Se abre el telón
y aparece una famila maravillosa
tan encantadora
q cuando alguien se caga por los pantalones
se reunen y danzan y se ponen a cantar
igual q en Sonrisas&Lágrimas...
continúa la función
en toda su elegancia
y siguen todos tan tan encantadores
que cuando otra persona se vuela los sesos
con una escopeta
vuelven a juntarse de nuevo
y a bailar y a cantar tralalosamente con alegría...

mágoa q todo fose unha confusión
tipo LostInTranslation
pq eu nunca estudei sueco...
pero weno
sería marabilloso ir ver unha función así:
tenho ganas d rir a cachón

mánudagur, ágúst 06, 2012

IPA vs. Existential Futility

..written phonetic transcription 
often doesn't work at all between my brain and english 
it is a language that keeps on reminding me 
that I am mentally handicapped 
and that reality
is just a pointless anchorage of blurry concepts in time 
in a meaningless conjunction of thoughts 
or whatever ideas people culture or the human mind 
could be interpreted to be...

discutindo 
sobre unha palabra dun poema



deeper thoughts about shallow issues...
bla bla bla

que futilidade existencial!

miðvikudagur, ágúst 01, 2012

A aura dun ilegal

chegar a casa confuso e con fame

e que te pare media hora o vecinho no descansillo
pq resulta q tenho un aura estupenda
INCRIBLEMENTE BOA
branca e luminosa
ornada de celeste
e se entendín ben
cunha orla dourada no exterior
aínda q isto non o comprendín ben de todo
pq nunca vin - senhorxs meus - unha aura
e non sei como están organizadas...
se cadra como o ceo de Dante?
ou como un cadro de Monet?...
eu sempre me imaxinei máis estilo Munch e agobiado
pero en fin
q o q tenho debe ser como El Corte Inglés en Navidà
(ou digamos Kringlan)
e este vecinho
q nunca me falou en máis de dous anos
non sabe o meu nome
pero intúe cousas de min
pq técnicamente
é capaz de enviar mensaxes telepáticos a Australia
así q está convencido de q son un BARDO
(e q como venho de la Galice
sonche igualinho ca Troubadorix o dos cómix de Asterix...
infinitamente irónico hahahah)
e q son moi bo rapaz moi bo rapaz moi bo rapaz
e dame un aperta intensa
(incómodamente) longa
e cunha forza inesperada
para un senhorinho frouxinho e fiuncho...
en fin
q son moi bo rapaz e q xa era hora
de me dar unha aperta
despois de máis de dous anos de vecindade...

ainss
que se fumaría?
e por que este tipo de comentarios
xa vai unha década q non me sorprenden?

mais o certo é q me puxo de moi bo humor :D

TEREI Q LEVARME A ESTE SENHOR
Á OFICINA DE INMIGRACIÓN!!!
e q lles explique q tenho boas intencións
e q non ando a facer bombas
nin a traficar...

normalmente
os islandeses fanlle máis caso a un medium
ca a calquera outro mortal
... se cadra máis ca a calquera documentación

miðvikudagur, júlí 25, 2012

Feliz Día da Patria!!!

malia que culturalmente todo soa estrano
e case alleo
moito máis absurdo
nas circunstancias histórico-económico-suicidas...
mais aínda así
FELIZ DÍA DA NAZÓN QUE NOS PARÍU
FELIZ DÍA DA NAZÓN QUE NOS BOTOU
FELIZ DÍA DA GALIZA!!!!


mánudagur, maí 28, 2012

Entre as ondas

Trabalho trabalho e trabalho
e pouco máis
que non é pouco...
o pouco son os cartos e a estabilidade
que non dan a moita cousa boa que postear...
Enfínsss
visto o visto
que excitantes son os cataclismos!

 


e traducindo traducindo e traducindo...

miðvikudagur, janúar 25, 2012

Raiba & Sectas

Moito tempo sen bloguear
e agora q o fago
fágoo dende a raiba q acabo de vivir vai menos dunha hora

a raiba de xente q aparece de repente
e q pergunta por un amigo con problemas
xente q ten a razón indiscutiblemente do seu lado
e de nada serven as perguntas d "quen son vostedes"
"que pasou" "que van facer"... son familia
e tenhen todo o dereito do mundo
máis aínda
tenhen a Deus da súa parte

non quero descontextuar
e sei q poden ter medo igual ca min (definitivamente máis ca min)
sei q as súas intencións son bastante boas
(impulsadas inconscientemente por se saberen destructores dunha vida humana
q lles naceu da carne
pero q non lles pertencía)
mais esa falsidade
ese finximento d q todo é tan bonito e tan agradable
nunha situación kafkiana q para nada ten q ver co confortable...
q “que bo rapaz q son” q “que ben q me preocupo”
e “que ben q lles estou a axudar”...
raios!
que carallo me tenhen q dicir
e que catano estou a axudar
co complicado q resulta manter unha comunicación sa
con alguén gobernado pola depresión e por unha familia sectaria
que carallo estou a axudar eu
e menos aínda agora 
cun delirio
e cunha abducción

HORROR

había tempo q non me facían sentir tan mal como ser humano
en tan breve tempo
e nada podo facer
pq non é o meu territorio, non é sequera o meu asunto...
e ponherse como unha leoa non levaría máis ca a que chamen a policía
porque claro
tenhen o dereito na súa man
e mesmo tenhen a razón... que podo facer, carallo!
que podo facer!

xa verei que podo facer
coa ética e co sentido común
algo poderei facer
mais se non escribo isto rebento

que horror!
e na nosa sociedade
isto podería pasarlle a calquera

mánudagur, maí 23, 2011

AshBunnies e morrinhas sen palabras

Con tanto desastre cosmolóxico
e tanta literatura botada a perder
cada día tenho menos que dicir neste blog
que poida resultar productivo

Mais por aquí ando...
de novo na Europa Continental:

I'm stuck 
and I'm adrift



pero weno
seguimos admirando los conejos celestiales

föstudagur, maí 20, 2011

Vita Vrsorum

Hai moitas cousas q facer nesta vida


e a un dáselle por meterse a poeta

fimmtudagur, maí 19, 2011

AssKicked BumbleBum

O Día das Letras Galegas pasou
coma unha patada no cu
talmente
...
os meus respetos e admiración
por aqueles que conseguiron facer
algo productivo   
♥

inda q fose dende as Zimbambas

mánudagur, maí 02, 2011

How cheap can you get?

Modern Galician culture
might be considered rather cheap
rather than inexpensive


de balde, meninha, de balde
o qué te creías?
aunque en mi próximo ataque de orgulho medieval
me meto a soldadeira

föstudagur, mars 18, 2011

Cómo se dice en tu pueblo...?

Necesito ayuda de castellanoparlantes auténticos
please
es para una traducción q estoy haciendo para la cual ningún residente en estas tierras parece tener respuesta


La cultura viva del castellano está muy lejana a lo q es hacer un haz de paja y prenderle fuego a modo de antorcha para ir al estraperlo o a follar a la vega por la noche o quemarle los pelos a los gorrinos recién rematados...

cómo conho se le llama a esto en vuestro pueblo?!!!? 
HELP!

þriðjudagur, mars 08, 2011

Protocolo & Desexos

Afortunadamente desapareceron os compromisos sociais
por algún que outro día
e podo fecharme no cuarto e traballar intensivamente
na próxima publicación...
namentres doulle voltas a algúns xestos


hai xente q a volves mirar
e non son a mesma persoa

mánudagur, janúar 03, 2011

MMXI

Hello everybody
and sorry for being so long out of the social world
but work has been rather vampiric these last months
and many messages and appointments have been unanswered...
:S
sorry!
æ
however
I hope you had a really good YuleTide
and I want to wish you the BEST for this new year
and maybe that you eat a lot of bananas
enjoy verbal clitics and read many vellum manuscripts
or whatever makes you lively, cheerful and happy :D
Thank you a lot for your literary support
and making me feel like I had a second family in Iceland, Mexico, Germany...
cause reading is nicer with friends :D
Have a good winter
or summer (those in the southern hemisphere)
and beware the killer scarfs
or the killer g-strings
MERRY 2011!!!
soobeedoobah
hugs


Elías Knörr & Portela

sunnudagur, nóvember 14, 2010

Nunca Serás Serea

Dixen que
"a marea se atragoaba coas ruinas de ultramar"

Tamén dixen
"ég ætla að verða heimsendasjóari"

e esquecinme de ti:


mais nunca serás serea
por moito q me masturbes con tempestade 

miðvikudagur, nóvember 03, 2010

Beijos

Ando rematando un libro
con beijos


sexa o que sexa
que signifiquen prá raza humana
tamén poden ser
metáfora

mánudagur, október 25, 2010

Euthanasia Galaica

Mellor nin traduci-lo de aquí abaixo
pq de tódolos xeitos xa se sobreentende
tampouco quero ponherme a facer alegorías coma sempre
pq no fondo estamos dicindo literalmente o mesmo



De tódolos xeitos
quen fala dunha euthanasia por unha enfermidade xenética 
q lle custa carísima ó estado 
e q ademais é unha vergonha prá nación
pode estar a falar da vida actual do galego
e do trato q democráticamente recibe a nosa lingua

mánudagur, október 11, 2010

Vocalismos

Un decátase d q leva demasiado tempo
pensando nunha lingua artificial
cando lle dá voltas e voltas á mesma cousa durante meses
e máis meses...
Igualmente
un decátase d q leva facendo demasiados cambios
e cambios
e cambios
e cambios
e cambios e máis cambios no sistema vocálico
cando un día esperta
e resulta q desapareceu a vogal I...

si si si... a lo tonto y a lo bobo fulmineina sen querer


Non é q tenha q ser un problema
(se por exemplo os mexicanos nahuatlófonos viven felices sen vogal U
os 160 hawaianos da illa de Niihau viven contentos sen S
e os innúmeros senhoritos da Corunha seica viven sen gheada... )
a cousa é q todo este espacio vocálico sen aproveitar
abre moitas novas e insospeitadas posibilidades...
máis cambios 
e máis cambios...
e a ver que sae d novo dentro dunhas semanas !